Empresa > Presentación

A empresa lucense CINUR CONSULTORES URBANÍSTICOS E INMOBILIARIOS S.L. é unha firma especializada no sector inmobiliario. Logotipo CINUR Se durante a súa primeira etapa centrou a sua actividade na comunidade autónoma canaria, co paso dos anos diversificou as súas líñas de negocio e protagonizou unha importante apertura de mercados en todo o territorio nacional.

 

Actualmente, CINUR é unha referencia na dirección de procesos e proxectos relacionados coa promoción inmobiliaria, a súa actividade principal. Para iso a firma desenvolve de forma significativa catro áreas de negocio: Project Management, Consultoría Inmobiliaria, Xestión de Chan e Xestión de Patrimonios, servicios cos que abarca desde a procura de chán ata a entrega dos inmobles, acometendo as actuacions necesarias desde o punto de vista urbanístico, técnico, económico y xurídico.

 

Esta capacidade para integrar todas as áreas esenciais de calquera proxecto inmobiliario, con especial fincapé na xestión do chan, e a posterior xestión inmobiliaria, foron os factores que origixinaron que CINUR, aparte das súas diversas delegacións polo territorio nacional, poña as suas miras nos mercados internacionais. Froito diso é a consolidación de dúas delegacions en Europa do Leste, unha en Bucarest (Rumania) e outra en Varsovia (Polonia), os investimentos no continente Africano e a previsión de continuar esta política expansiva a outros países a curto plazo.

Rúa Camiño Real, 115 - Baixo

27004 Lugo

Tel.: +34 982 211 848 - Fax: +34 982 216 219

Cofinanciado por:

Xunta de Galicia Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional